Depositouse a fianza no xulgado e finaliza así a campaña de solidariedade da cal se irá informando do seu proceso e resultado final.
“Recibimos diñeiro de xente do pobo e de fóra, cada un achegou a cantidade que puido e todas son benvidas. Para nós este apoio foi moi importante, non só polo diñeiro senón polo respaldo e o ánimo que dá ver que che apoian” explica Manuel Fuentes, que engade “dános alento para continuar na loita e seguir traballando en todos aqueles comportamentos que non se poden permitir”.
A corporación conseguiu os 133.333 euros e a xuíza non terá que incautar os bens patrimoniais do alcalde e os concelleiros denunciados. Esa era a laxe que pesaba sobre a cabeza de todos eles.
Varias asembleas de IU de localidades próximas a Seseña comprometéronse a achegar o capital que fose necesario para alcanzar a cantidade ditada polo xuíz, o cal se conseguiu grazas á boa vontade dos numerosos cidadáns que se achegaron ou mandaron cartas e notas de apoio ao consistorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario