
No pleno do 29 de marzo, o noso voceiro reiterou a necesidade de actuar no “Camiño Escolar Seguro” de Rosalía de Castro no seu paso pola rúa Conchases.

Neste tramo existe unha obra nunha edificación que se atopa paralizada dende hai anos e supón un perigo para as persoas que circulan pola súa beirarrúa polo que solicitamos ao concello que procurase unha solución para evitar accidentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario