O noso voceiro José Antonio Otero González explica a proposta que Esquerda Unida ten feito, en varias ocasións nos últimos 6 anos, para ofrecer melloras aos contribuíntes no cobro das taxas e impostos municipais.
Esta proposta foi recordada durante o debate plenario do mes de febreiro, aproveitando que o goberno levaba á aprobación unha Ordenanza Xeral de Xestión e Recadación de Tributos municipais.
Así mesmo, Otero, tamén desminte as declaracións do Alcalde durante o pleno no que aseguraba que calquera veciña ou veciño podía solicitar o fraccionamento dos impostos e facelo en calquera momento do ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario