O Grupo municipal de Esquerda Unida formado por, José
Antonio Otero González e Ana
Cristina Domínguez Domínguez, formularon este mércores por rexistro, unha serie de propostas ao goberno municipal
relacionadas coa situación local derivada da Alerta Sanitaria decretada polo
Presidente do Goberno debido á pandemia do Coronavirus Covid-19.
Así mesmo, pediron que
se tomen en consideración as propostas e convoquen os órganos correspondentes o
máis axiña posible para a aplicación das mesmas
PROPOSTAS:
MEDIDAS DE PROTECCIÓN E ESTÍMULO ECONÓMICO
-
Que se realicen os trámites precisos para a
aplicar aprazamentos, prorrateos, bonificación ou exencións no
imposto do IBI e outras taxas municipais
ás persoas desempregadas e en situación de emerxencia para o exercicio 2020.
-
Bonificación
no imposto do IBI do exercicio 2020 para os propietarios que decidiron suspender o aluguer ás
empresas/autónomos durante o peche decretado pola Alerta Sanitaria.
Bonificación entre o 20% e o 50% (dependendo do tempo que dure a alerta) ou o
proporcional aos meses que este deixou de cobrar polo aluguer.
-
Bonificación
na taxa de lixo do exercicio 2020 a todos os negocios que
tiveron que pechar as portas polo decreto de Alerta Sanitaria. Bonificación
entre o 20% e o 50% (dependendo do tempo que dure a alerta) ou o proporcional
aos meses que tiveron que permanecer pechados.
-
Bonificación
do
100% da taxa de licenza de
apertura/actividade aos negocios que abriron este ano 2020. Devolución dos
pagos xa realizados. No mellor dos casos os negocios que se deron de alta no
presente ano non chegaron a estar abertos máis de 2 meses e medio antes do
decreto de Alerta Sanitaria.
-
Suspensión
do cobramento de todas as taxas municipais estipuladas para o
período no que está decretada a Alerta Sanitaria e prorrateo das mesmas ao remate do citado período para facilitar o pago
das mesmas.
-
Bonificación
do 100% da taxa do mercado municipal polas semanas que non
estivo activo debido á Alerta Sanitaria decretada.
-
Bonificación
do 100% da taxa da praza de abastos, correspondente ao tempo
de Alerta Sanitaria, para os postos que permaneceron pechados e bonificación do 50% aos que continuaron
abertos.
-
Solicitar
a Portos de Galicia a suspensión do pago da taxa
pola utilización do solo portuario correspondente ao período de Alerta
Sanitaria.
MEDIDAS SERVIZOS SOCIAIS
-
Servizo
de comida para menores en situación de emerxencia social.
Procurar a través da Xunta de Galicia ou directamente coa empresa local que
realiza o cátering do comedor de
Rosalía de Castro, para realizar o servizo a domicilio para os/as cativos/as en
situación de risco e que viron suspendido o servizo co peche dos centros
escolares.
MEDIDAS EMPREGO MUNICIPAL
-
Que
non se despida ningún empregado/a
municipal durante a Alerta Sanitaria.
-
Que
no se realice ningún ERTE entre a
plantilla municipal durante a Alerta Sanitaria, nin permitir ERTEs nos servizos
externalizados (Atención no Fogar, Limpeza de Edificios Públicos,...)
-
Co
propósito de contar co maior número de efectivos namentres dure a Alerta
Sanitaria e acadar unha maior cobertura e vixilancia para evitar que a
veciñanza se salte o confinamento e/ou estar dispoñibles para calquera tarefa
precisa nestes días:
o
Se
proceda de maneira urxente á solicitude
dun maior número de axentes da Policía Local para o noso concello.
o
Se
proceda de maneira urxente á contratación
e incorporación inmediata dos/as auxiliares de Policía Local que
habitualmente se realiza chegado o verán.
O Grove, a 25 de marzo de 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario