FEMINISMO EN LOITA
Cúmprense
110 anos da proposta de saír á rúa o 8 de marzo para conmemorar o día
internacional da muller.
Despois
de tanto tempo, o legado de feministas socialistas como Clara Zetkin lémbranos
que o feminismo debe continuar en loita. Cada ano, as mulleres de todo o mundo
saímos ás rúas o 8M para esixir unha alternativa a este sistema que pon en perigo
as nosas vidas e o noso planeta. É moi importante que xa en 1910 as nosas
compañeiras entenderon que só estando xuntas e loitando por resolver os problemas
das mulleres do mundo podemos conseguir transformalo. Cada 8 de marzo seguimos
fortes e xuntas enchendo as rúas, reflexo dese feminismo en loita constante que
vai facéndonos avanzar como sociedade, soñando revolucións e construíndo
resistencias.
Desde
Chile ata a India, desde Palestina a Filipinas, as mulleres loitamos por un
mundo sen violencias machistas, contra a división sexual do traballo e a mercantilización
dos nosos corpos, polos dereitos reprodutivos e a liberdade das orientacións
sexuais e identidades de xénero. O feminismo igual que o internacionalismo,
cuxa pedra angular é a solidariedade, o respecto e a xustiza social, só pode valer
se é para todas e en todas partes. Esa potencia subversiva fainos estar no
punto de mira de quen se beneficia da nosa explotación, que están organizados nunha
ofensiva patriarcal que tamén está a ser global.
O
auxe do autoritarismo e a extrema dereita mostra o ataque dos poderes
económicos aos nosos dereitos, mentres baleira de contido as democracias, que
xa non se esforzan en manter un verniz de servizos públicos e sociais para
convencernos do progreso.
Convértenos
en obxectos cos que se comercia neste mercado global xerador de grandes
beneficios baseados nunha salvaxe explotación das persoas. Desde Esquerda Unida
dicimos BASTA á mercantilización dos nosos corpos e das nosas vidas.
As
mulleres non imos permitir que este mundo se precarice a costa das máis
vulnerables, nin que o odio, o racismo, o machismo, a xenofobia e a LGTBIfobia sexan
a resposta de quen está dirixindo o planeta cara á guerra, a desigualdade e o
colapso. Defendemos o acceso aos recursos necesarios para cubrir as nosas necesidades
en condicións de igualdade e de sustentabilidade ambiental. Vidas dignas para
todas as persoas en todas as partes do mundo!
En
Esquerda Unida sabemos que non se pode transformar o mundo se non poñemos no
centro das loitas a quen está no centro da explotación capitalista, patriarcal
e imperialista. A centralidade do mundo só pode cambiarse desde ese “todas
xuntas” e desde o entendemento de que os nosos retos como feministas son os
mesmos que temos como sociedade. Por iso desde EU defendemos un feminismo
antimilitarista, pola paz e a dignidade dos pobos e entendemos que debemos
loitar coas compañeiras e compañeiros que loitan pola vivenda, as pensións, as
políticas sociais, os servizos públicos, o dereito á terra e a auga, os dereitos
de quen migran e polo traballo digno.
Este
sistema económico necesita uns traballos de coidados aos que afoga,
invisibiliza e fai recaer en nós. En Esquerda Unida reivindicamos a universalización
dos traballos de coidados desde a corresponsabilidade cos homes e o Estado e
desde a interdependencia e a ecodependencia.
Desde
Esquerda Unida témolo claro, o feminismo a demais da loita das mulleres, é un
prisma que amplifica as nosas loitas, interpelando directamente ás realidades
materiais de quen máis sofren e creando alianzas e estratexias para cambiar as
desigualdades que vivimos día a día a clase traballadora.
Este
8 de marzo volvemos saír ás rúas porque todas esas loitas son as nosas e o
inimigo é o mesmo que hai 110 anos, cando en Copenhague un grupo de mulleres revolucionarias
decidiron que debían saír todas xuntas a cambiar o mundo.
Porque
o mundo é noso e imos mudalo.
FEMINISMO EN LOITA
Ningún comentario:
Publicar un comentario