Trala modificación
do destino de 1,5 millóns, aprobada no pleno de xaneiro, faltan máis de 400.000
euros para completar o custo total da obra segundo denuncian os edís de EU.
Lamelas e Otero indican que o goberno vai destinar millón e medio de euros a actuacións sen proxectos e sen concretar a súa execución.Tachan a Cacabelos de actuar de modo electoralista.
O Grove, febreiro
de 2018.-
No pleno do mes de xaneiro, onde se aprobou o cambio de destino dos 1,5 millóns do crédito
destinado inicialmente para o auditorio, o voceiro do Grupo Municipal de
Esquerda Unida, Juan Lamelas, denunciou que con esa modificación o goberno
deixaba a obra do auditorio municipal sen a totalidade do orzamento preciso
para a súa construción, pois agora mesmo faltan mais de 400.000 euros. Os edís
esquerdistas non entenden cal é o motivo para tal actuación "pois pasaron
de ter cartos de mais a quedarse sen a totalidade do orzamento do
auditorio". Consideran que "este goberno traballa a golpe de
ocorrencias e son incapaces de recoñecer os seus propios erros" motivo
polo que cren que o Alcalde continuou co trámite a pesares da advertencia de
Esquerda Unida ao respecto.
Así
mesmo, indican que esta modificación confírmalles o que levan denunciando dende
que se aprobou a solicitude da subvención da deputación, "que non era
preciso ter os cartos antes da solicitude, pois agora mesmo non se cumpre o 4
punto, o do compromiso de achegar pouco mais de 2.800.000 €. O que ven sendo o
mesmo, que se podía solicitar a subvención e logo un crédito moito menor, sen
ter que endebedarnos tanto". Pero tamén din que entenden a actitude de
Cacabelos "pois dende hai preto dun ano o Alcalde só pensa de forma
electoralista e atópase inmerso na súa propia campaña electoral, gastando todos
os seus cartuchos vendo que non foi quen de cumprir as promesas que o levaron a
gañar as eleccións".
Por
outro lado, os esquerdistas indican que non votaron a favor da modificación do
destino do crédito, porque o consideran "un fraude e unha proposta irreal
e a saber si realizable" pois, segundo indican os edís "o mesmo
alcalde confirmou no pleno que ningunha das cuestións ás que se pretenden
destinar as partidas están pechadas, contan con proxecto e cos permisos
precisos para executalas", polo que "non podemos apoiar algo que non
sabemos si se vai facer ou si os cartos que se destinan son de máis ou
insuficientes"
A muleta do PGD
Para Juan Lamelas e Jose A. Otero, o PSOE do Grove atópase instalado nunha postura de “imposición”
que se suma ao que os esquerdistas veñen
denunciando durante todo o mandato: “un goberno sen planificación e absorbido
polos problemas do día a día”, como vén a demostrar segundo eles esta proposta
de modificación de destino de 1.500.000€ para obras sen proxecto e moitas sen
definir aínda, chegando o propio alcalde a afirmar en pleno que estas partidas
serían modificadas varias veces ao longo do ano.
Pero
para esta fuxida cara adiante de Cacabelos e o seu equipo hai un cómplice
necesario; o PGD e o seu único concelleiro Félix Lamas. Segundo Esquerda Unida,
tanto Lamas como o seu partido “deberán explicar este estraño matrimonio que
manteñen co goberno local” e “se existe relación entre partidas aprobadas por
valor de 700.000€ relacionadas con Breogán, club que preside Lamas, e o seu
repentino matrimonio con Cacabelos”.
Grupo Municipal de Esquerda Unida
Ningún comentario:
Publicar un comentario