A
apertura dos baños de detrás da Lonxa, o arranxo da balaustrada de cristal da
rúa Castelao e a do paseo de Terra de Porto, a reparación dos lombos das
estradas da parroquia de San Vicente, o arranxo do paseo da Lanzada, seguridade
na Praza de Arriba, o compromiso cos veciños da Pratería, xunto con outros
asuntos foron postos enriba da mesa polo Grupo Municipal de EU no último pleno.
Na sesión plenaria do 31 de xullo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida
mostrou a súa preocupación polo estado en que se atopan diferentes estradas,
rúas e barrios da localidade. Así, o concelleiro José A. Otero instou ao
goberno a reclamar a Xunta de Galicia a
limpeza da estrada de entrada do Grove e
que une a Lanzada con San Vicente do
Mar. Tamén pediu que do mesmo xeito se lle esixise á Deputación de Pontevedra a mesma actuación nas súas estradas pois,
en palabras de Otero, “o vial interior
de San Vicente mostra un total abandono e a Estrada do Conde da asco”. No mesmo senso esixiu ao
Goberno municipal a realizar unha limpeza das rúas e barrios pois "están sucios e con herbas
sobresaíndo das baldosas".
O edil esquerdistas tamén solicitou que se mantivesen abertas durante toda a tempada estival e nun horario razoable
as casetas dos baños situadas detrás da Lonxa e que son utilizadas tan só
durante a Festa do Marisco e a Festa do Carme. Segundo José A. Otero “o servizo
de baño público e unha demanda dos veciños e visitantes e non supón un excesivo
gasto nin prexuízo para o Concello”
A reparación da balaustrada de
cristal que existe na rúa Castelao, á altura do restaurante Pan de Millo,
foi outra das reclamacións realizadas polo Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Unha demanda que xa volve a pleno, pois fai máis de catro meses que está
destrozada e xa provocou algún incidente. Os esquerdistas aproveitaron para
reclamar tamén a reposición da
balaustrada do Paseo de Lordelo, a altura do parque de Terra de Porto, que
fora destruída polo lume no San Xoán do 2013.
EU tamén pediu que se arranxase o
paseo de madeira da Lanzada, concretamente o que transcorre dende a rotonda
central ata a zona de Sanxenxo, pois “os usuarios da praia queixáronsenos de
que existen tornillos levantados que poden provocar algún que outro incidente.”
Unha solución para os lombos existentes
en dous viais que unen a estrada interior de San Vicente coa da Lanzada, un que vai dende as Baladas ata a estrada da Lanzada e o outro dende a Farmacia
ata Balea Marítima, foi outra das peticións do edil esquerdista, recordando
ademais que un deles xa fora unha demanda realizada nos orzamentos do 2016.
José A. Otero preguntou si se
estaba cumprindo cos compromisos adquiridos cos veciños da rúa Pratería,
pois “hai veciños que están moi molestos xa que se retirou a farola pero non se
fixo nada do prometido e na rúa seguen outros elementos que estorban”. Así
mesmo aproveitou para pescudar si o
goberno estaba facendo deixadez de funcións en canto á ordenanza de terrazas.
Outra das preguntas foi en relación á en que estado se atopaba a redacción da Carta de Servizos municipal,
aprobada en pleno meses atrás. Otero tamén se preocupou polo paradoiro dos aparatos de ximnasia
biosaludable que se retiraron do paseo de Lordelo e aproveitou para instar
ao goberno a realizar un repaso das
árbores que se atopan ao largo do mesmo, “pois invaden tanto o carril-bici
como o dos peóns”.
A modo seguridade, o edil esquerdista instou a concellería
correspondente a instalar unha balaustrada
ou algún outro elemento para disuadir aos usuarios da Praza de Arriba a
cruzar polo lugar onde se retirou o paso de peóns, pois “moitos seguen a cruzan
polo mesmo lugar e obrigan aos vehículos a frear cando son estes os que teñen
preferencia de paso”.
Otero tamén trasladou a queixa de moitos veciños debido a que algún
negocio local baleira o vidro no
colector correspondente a altas horas da noite, provocando a perturbación
do descanso, cando existe unha ordenanza en vigor que prohibe realizar esa
tarefa nese horario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario