Os edís esquerdistas propoñen que o Concello do Grove se declare municipio contrario ao acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP).
O Grove, 19 de maio
de 2016.-
No día de onte, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexistrou unha moción para
que o pleno do mes de maio se pronuncie e declare O Grove como municipio
contrario ao acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP). Os
esquerdistas consideran que este acordo de liberación do comercio e
investimentos, que a Unión Europea e o Estados Unidos están a negociar de
costas á cidadanía e aos seus representantes políticos, supón un serio perigo
para a democracia, a soberanía e a debida protección dos dereitos humanos e a
natureza, antepondo o interese comercial dos investidores e empresas
transnacionais ao interese xeral.
Un
tratado que segundo Esquerda Unida suporá a “mercantilización absoluta das
nosas vidas e o sometemento total da soberanía dos estados aos interese das
grandes corporacións”. Consideran que o TTIP persegue a liberación total dos
servizos públicos e a apertura da prestación dos mesmos ás empresas
transnacionais, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das
Administracións Públicas, o que supón por en perigo todos os servizos e compras
públicas, en todos os niveis de poder, e comprometer a habilidade dos
representantes elixidos para administrar libremente as súas comunidades, así
como promover a industria, emprego e iniciativas locais.
Segundo
os esquerdistas, a aprobación do TTIP contribuirá, no caso do Estado español, á
planificada ofensiva do neoliberalismo conservador do goberno estatal de
desmantelamento dos municipios, que baixo o nome de Lei de Racionalización e
Sustentabilidade da Administración Local pretende tres obxectivos básicos:
Restrinxir a democracia e a autonomía local, suprimir competencias e servizos
públicos locais e privatizar de xeito total os servizos municipais.
É
por iso que os edís de Esquerda Unida someterán a debate e aprobación do pleno
do mes de maio a declaración de municipio oposto ao TTIP, defendendo os servizo
públicos básicos para a solidariedade e redistribución social. Tamén propoñen
solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de
España o apoio ás iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos
chamados servizos socialmente útiles e a derrogación da Lei de Racionalización
e Sustentabilidade da Administración local para lexislar unha nova normativa
enfocada ao desenvolvemento da economía local. Así mesmo, solicitar do
Ministerio de Economía e Competitividade a suspensión das negociacións do TTIP
e outro acordos comerciais similares como o TISA (Acordo Multilateral para a
Liberalización e Privatización de Servizos Públicos, a non ratificación do CETA
(Acordo de Libre Comercio entre Canadá e a UE), que mecanismos como o ISDS, o
ICS ou similares non sexa incluídos en ningún outro tratado e sexan eliminados
dos tratados en vigor, que se evite a participación directa ou indirecta das
Empresas Transatlánticas nos procesos reguladores ou normativos da UE, que o
tratado non se limite a obxectivos meramente económicos, que non se perdan
competencias e que se lles dea a mesma importancia e consideración aos
obxectivos sociais e ambientais, e que se faga pública a documentación e se
abra un debate público na UE e os seus respectivos parlamento nacionais.
Grupo Municipal de Esquerda Unida
[ver/descargar moción completa]
Prensa:
Prensa:
EU pide ao pleno que se posicione en contra o acordo de comercio que necocian Europa e EEUU [ver noticia web]
EU quiere que O Grove se declare municipio contrario al TTIP [ver imaxe da noticia]
Ningún comentario:
Publicar un comentario