sábado, 14 de maio de 2011

«Os únicos empregos que creou este goberno foron os liberados»

Prensa:
Candidato de esquerda unida no grove«Os únicos empregos que creou este goberno foron os liberados»
 
Neno asegura que as expectativas de EU pasan por recuperar os seus dous concelleiros na corporación meca 
s. gonzález, a. garrido. vilagarcía / la voz.14/5/2011 
O reto non é doado, pero Taboada está convencido de que EU volverá ser un referente na esquerda meca logo do 22-M. 


-¿Vaille pasar a factura a súa presenza e posterior abandono do goberno municipal?
-A verdade é que asumimos un compromiso precipitado e haberá un desgaste lóxico. Cando Xan Lamelas marcha do goberno di publicamente que non vai ser o candidato, e iso hipotecounos. Pero tiñamos que ser coherentes e reconducir a situación. 

-¿Por que marcharon daquel cuadripartito?
-Nós fomos ás eleccións hai catro anos con moita ilusión, como alternativa á dereita e a oito anos do PP perdidos para O Grove. A esquerda natural no Grove está reducida ao que nós representamos e se cadra a un sector do BNG. Traballamos a reo coa única condición de que se respectasen os programas electorais. A eles o único que lles interesaba xa se veu. Os únicos empregos que creou este goberno foron os dos concelleiros liberados. Un problema fundamental foi o PXOM. E a labazada definitiva foi a destitución de Xan como concelleiro de Persoal. Pero quero lembrar que Xan Caneda xa participara no seu día nun goberno co PSOE, e tivemos que saír pitando. Esta situación non lle colle de novo a ninguén. 

-¿Non participarían polo tanto nun novo goberno de esquerda?
-Está complicado. Nós apoiaremos calquera iniciativa progresista, pero outra cousa é entrar no goberno. Si podemos dicir que o PP nunca gobernará cos nosos votos, Miguel Pérez non vai ser alcalde se de nós depende. Dito isto, hai que recoñecer que non será doado recompoñer a situación logo do que sucedeu estes anos. Co señor Cacabelos como alcalde será moi difícil. Probablemente a el tampouco lle interese entenderse con nós. 

-¿Cal será a súa prioridade no vindeiro mandato?
-É evidente que o plan xeral ten que ser a ferramenta para construír todo o demais. Pero hai que fomentar tamén o emprego e os servizos sociais. Unha idea é crear brigadas de conservación do litoral. 

DNI
José Antonio Taboada candidato de esquerda unida no grove
José Antonio Taboada Magdalena, «Neno»
25 de decembro de 1953, no Grove
Crupier
Casado, ten un fillo e unha filla
Milita dende 1986 no PCE. Foi candidato á alcaldía por EU en 1999, antes de que se resolvese a escisión de Esquerda do Grove

Ningún comentario:

Publicar un comentario