O 12 de Abril ás 21 horas, os concelleiros de EU – EdG, José Antonio Taboada e María Soilán, e o candidato por esta formación Xan lamelas, reuníronse coa directiva de Emgrobes para escoitar as propostas deste colectivo e achegarlles á vez as iniciativas que EU-EdG levará a cabo de estar no vindeiro goberno municipal.
A xuntanza transcorreu con cordialidade e nela tratáronse diversos temas como o PXOM, as inundacións, e unha serie de propostas que Emgrobes realizou a todos os grupos políticos relacionadas non só co comercio e o turismo (principalmente), senón tamén en outros aspectos. É de sinalar que a maioria destas propostas EU – EdG xa as tiña recollidas no borrador do seu programa electoral.
Outra das queixas que esta asociación achegou a EU – EdG foi que o actual goberno municipal non practica adecuadamente o diálogo social. Neste senso, Lamelas sinalou a importancia que para EU – EdG ten a democracia participativa, e que de chegar ao goberno municipal, será fortemente impulsada. Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de crear o Consello Económico e Social, tarefa na que traballou o grupo municipal mais que non se deu conseguido que o alcalde crease.
Ningún comentario:
Publicar un comentario