Esta fin de semana Esquerda Unida – Esquerda do Grove decidiu en asemblea a súa postura sobre o conflito existente en torno a celebración do campionato de tiro de pichón na Illa da Toxa.
EU – EdG é partidaria de manter esta competición no noso Concello dada a súa repercusión positiva na economía local, mais tamén considera que a seguridade da proba e o respecto polo medio ambiente deben ser máximos, polo que esta formación política opina que debe atoparse o lugar a decuado para a celebración da proba no noso concello tendo presentes sempre a seguridade e o menor impacto ambiental posíbel.
Por outra banda, desde EU – EdG critícase que se tivese que chegar ao punto actual deste problema xa que de terse actuado con anterioridade non nos atoparíamos nesta situación de incertidume sobre a celebración desta proba deportiva. Neste sentido, tanto organizadores, hosteleiros e Concello deberían facer autocrítica para que non volva a darse o caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario