30 outubro 2023

PLENO OUTUBRO 2023

ROGOS E PREGUNTAS

 📅 30 de outubro de 2023

▶ Intervención: minuto 1:14:41


🔗 https://www.youtube.com/live/57qiJBB0dg4?si=NKRkqjWOaLFtCYij&t=4481

Preguntas realizadas

🔻 Proceso de estabilización do persoal municipal

Preguntamos polo estado deste proceso.

🔻 Postos laborais do Auditorio e edificio das Monxas

Preguntamos polos trámites para convocar estas prazas.

🔻 Colonias felinas

Preguntamos se se solicitara a subvención estatal para o control destas colonias.

🔻 Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)

Preguntamos cando se convocaría a mesa de seguimento.

🔻 Museo da Salazón

Preguntamos se abriría nos meses finais do ano.

🔻 Obra Rúa Escura

Preguntamos se se actualizaran os prezos do proxecto e cando se executaría.

🔻 Avenida Portugal

Preguntamos cando se repararía o firme que levaba un mes valado logo dunha rotura de tubaxe.

🔻 Estación de carga de vehículos eléctricos

Preguntamos polo funcionamento e xestión do servizo.

🔻 Obra de Bizocas

Preguntamos polo estado desta actuación, xa que o compromiso era iniciar as obras antes de rematar o ano.

🔻 Consellos sectoriais

Preguntamos cando se convocarían os consellos locais de Deportes, Turismo, Igualdade, Cultura, Escolar,... e a Mesa de Comercio Local.

Rogos e solicitudes

🔻 Paso de peóns Campos-Meloxo

Solicitamos pintar este paso de peóns para mellorar a seguridade da veciñanza, pero sobre todo dos nenos e nenas que se dirixen ao colexio.

🔻 Limpeza arquetas de pluviais

Solicitamos limpar estas infraestruturas antes da chegada das choivas.

🔻 Baldosa na Rúa do Montiño

Solicitamos reparar as baldosas deterioradas.

🔻 Espello na saída da Fonte dos cabaliños en Confín

Solicitamos mellorar a visibilidade da saída de vehículos ante os incidentes que se viñan sucedendo na zona.

🔻 Rotonda de Terra de Porto

Solicitamos actuar para solucionar o mal estado do firme e as numerosas fochancas.

🔻 Consello Escolar Municipal

Solicitamos convocar este órgano, tal e como se comprometera o goberno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario