ROGOS E PREGUNTAS
📅
27 de xaneiro de 2025
▶
Intervención: minuto 46:17
Preguntas realizadas
🔻 Estación de carga de vehículos
eléctricos da rúa Alexandre Bóveda
Preguntamos ata cando continuaría
sendo gratuíto o seu uso e cal era o custo para o concello.
🔻 Consellos sectoriais municipais
Preguntamos cando se convocarían
os consellos sectoriais acordados co noso grupo municipal.
🔻 Local do CR Mecos
Preguntamos polo estado da obra de
adaptación do local.
🔻 Obra da rúa Oscura
Preguntamos cando se remataría
esta obra.
🔻 Muro de Entrehortas
Preguntamos polos motivos do
retraso no retranqueo do muro.
🔻 Pavillón de Conmeniño
Preguntamos cando comezarían as
obras de reforma.
🔻 Ordenanza de Bo Goberno
Preguntamos cando se modificaría
para incluír as dúas horas sen música nas atraccións de feira.
🔻 Escola de Música Pepe Silva
Preguntamos polo estado das bases
de licitación.
🔻 Aula de estudo nas Monxas
Preguntamos polo motivo polo que
non se habilitou durante o Nadal.
🔻 Mercado Municipal
Preguntamos cando se licitarían os
locais e bancadas.
🔻 Subida a Meloxo
Preguntamos polo estado das
cesións dos terreos necesarios para executar a obra.
🔻 Camiño da praia de Con Roibo
Preguntamos polo estado do
expediente de recuperación deste camiño público.
🔻 Baldosas nas rúas peonís
Preguntamos pola situación das
numerosas baldosas levantadas.
🔻 Ordenanza de Ruídos
Preguntamos pola situación desta
ordenanza paralizada dende 2016.
🔻 Empresa redactora da Ordenanza de
Ruídos
Preguntamos se se seguían pagando
as medicións e traballos de redacción.
Rogos e solicitudes
🔻 Escola de Música Pepe Silva
Solicitamos instalar a placa co
nome oficial na nova localización da escola.
🔻 Sinalización viaria
Solicitamos o pintado de pasos de
peóns e sinalizacións horizontais.
🔻 Alumeado público
Solicitamos solucionar a falta de
iluminación en diferentes rúas, especialmente na Aguieira.
🔻 Barrio de Campos
Solicitamos instalar máis puntos
de luz pública.
🔻 Marquesiñas de Ardia e Balea
Solicitamos a reposición das
marquesiñas retiradas tras accidentes de tráfico.
🔻 Rúa Conchases
Solicitamos unha solución á
problemática do tránsito de vehículos pesados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario