ROGOS E PREGUNTAS
📅
12 de agosto de 2024
▶
Intervención: minuto 1:44:39
🔻 Edificios en estado ruinoso
Preguntamos que medidas estaba
adoptando o concello ante o risco de desprendementos.
🔻 Baños públicos da lonxa
Preguntamos polo motivo polo que
permaneceron pechados durante un día de grande afluencia turística.
🔻 Festa do Marisco
Preguntamos que solución se daría
ás actividades gastronómicas tras eliminar a carpa institucional.
🔻 Carpas de artesanía
Preguntamos polo emprazamento
previsto para estas carpas.
🔻 Consello Local de Turismo
Preguntamos cando se convocaría
este órgano.
🔻 Centralita telefónica do Concello
Preguntamos polos problemas de comunicación detectados ese día
Rogos e solicitudes
🔻 Paseo de Lordelo
Solicitamos instalar pivotes ou
elementos para evitar que os vehículos invadan a beirarrúa.
🔻 Rúa Conchases
Solicitamos unha solución ao
problema de circulación nesta rúa.
🔻 Veciñanza da Carballeira
Solicitamos facilitar a saída cara Terra de Porto mediante o cambio de sentido da rúa Conchases.
🔻 Rúa Xoán XXIII
Solicitamos instalar pasos
elevados para mellorar a seguridade viaria.
🔻 Limpeza de finca en Alexandre Bóveda
Solicitamos realizar os trámites
para obrigar á limpeza desta finca.
🔻 Parque canino do Monte Central
Solicitamos repoñer os elementos
deteriorados.
🔻 Parque infantil do Redondo
Solicitamos reparar o parque e
revisar o estado do resto de parques.
🔻 Cargador de vehículos eléctricos
Solicitamos reparar o cargador da
estación da rúa Alexandre Bóveda.
🔻 Ruta Padre Sarmiento
Solicitamos limpar os camiños da
zona da Siradella.
🔻 Paseo de Pedras Negras
Solicitamos reparar as táboas
deterioradas do paseo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario