ROGOS E PREGUNTAS
📅
2 de xuño de 2024
▶
Intervención: minuto 1:21:37
Preguntas realizadas
🔻 Quiosco da praia da Toxa
Preguntamos polo motivo polo que
este quiosco non se incluíu no lote de licitacións dos quioscos de praia.
🔻 Bases dos quioscos de praia
Preguntamos polo motivo polo que
se prohibía o uso de altofalantes e concertos nas bases da licitación.
🔻 Baños públicos nas praias
Preguntamos polo motivo polo que
as bases obrigaban aos concesionarios a instalar baños públicos.
🔻 Camiño de acceso á praia de Con Roibo
Preguntamos cando se esixiría á
empresa situada na Xesteiriña a apertura deste camiño público.
🔻 Expediente do camiño de Con Roibo
Preguntamos cando se nos
trasladaría o expediente solicitado por rexistro.
🔻 Tráfico en rúas restrinxidas
Preguntamos cando se tomarían
medidas para evitar o acceso de vehículos a rúas só para residentes.
🔻 Estación de carga de vehículos
eléctricos
Preguntamos se seguía sendo
gratuíta a estación da rúa Alexandre Bóveda.
🔻 Relación de Postos de Traballo
Preguntamos polo estado da
aplicación da RPT.
🔻 Marcas no firme da rúa Aguieira
Preguntamos a que correspondían as
marcas realizadas no pavimento.
🔻 Plan Xeral de Ordenación Municipal
Preguntamos pola situación deste
plan tras anunciarse a súa aprobación para febreiro.
🔻 Subida a Meloxo
Preguntamos polo estado das
negociacións para a cesión dos terreos necesarios para executar a obra.
🔻 Consellos sectoriais municipais
Preguntamos cando se convocarían
estes órganos e a Mesa de Comercio.
🔻 Subvencións deportivas de 2023
Preguntamos cando cobrarían os
clubs deportivos estas subvencións.
Rogos e solicitudes
🔻 Rúa das Caldelas
Solicitamos unha solución ante a
falta de asfaltado e o abandono desta rúa.
🔻 Local social de Reboredo
Solicitamos esixir á empresa a
reparación das deficiencias da obra a través da garantía.
🔻 Rotonda de Terra de Porto
Solicitamos instalar correctamente
a sinalización vertical da nova rotonda.
🔻 Baldosas nas rúas peonís
Solicitamos reparar as numerosas baldosas
levantadas.
🔻 Sinalización para vehículos pesados
Solicitamos mellorar a
sinalización de prohibición de acceso na rúa Luís A. Mestre.
🔻 Paso de peóns en Campos-Meloxo
Solicitamos instalar un paso de
peóns nesta intersección.
🔻 Rúa Conchases
Solicitamos unha solución ao
problema de circulación de vehículos de gran tamaño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario