Os esquerdistas
indican que a pesar de que a sentenza foi firme, as vivendas dos núcleos
costeiros dentro dos cen metros seguen fóra de ordenación ou afectadas por
ordes de demolición.
Solicitan ao
concello que protexa á veciñanza incluíndo as vivendas, en base á sentenza,
dentro das normas urbanísticas antes de que o PXOM se someta a aprobación.
O Grove, 13 de xaneiro de 2020. Dende a agrupación local de
Esquerda Unida aseguran que o plan urbanístico, que Cacabelos anunciou que
sometería a aprobación provisional o vindeiro mes de febreiro, deixa na mesma
situación de irregularidade ás vivendas situadas nos núcleos costeiros do Grove.
Os esquerdistas recordan que O
Grove conta cunha sentenza favorable dende principios do ano 2017 na que se
recoñecen os núcleos costeiros e salvagardan as vivendas que na liña dos 20 e
os 100 metros se atopaban fóra de ordenación ou con ordes de demolición. Así
mesmo, indican que uns meses despois o propio Cacabelos anunciou na prensa que
a sentenza era firme polo TSXG logo de que Costas non presentase recurso en
tempo e forma e que só quedaba plasmar esa situación no documento urbanístico.
Pero, dende Esquerda Unida aseguran que no documento presentado a finais do
2018 e que se atopa actualmente na web municipal non hai nada referente a esta
sentenza e polo que puideron pescudar, tampouco na documentación que o Alcalde
pretende expoñer nestas semanas se contempla esta situación, polo que
consideran que as vivendas seguirán fóra de ordenación ou con ordes de
demolición.
É por iso que Esquerda Unida
solicitou unha xuntanza con Cacabelos para tratar estes asuntos e piden que a
sentenza do TSXG contra Costas se reflicta no PXOM antes de que este se someta
a aprobación provisional do pleno co fin de protexer os núcleos costeiros
consolidados de Rons, Agriños-Gandariña, Virxe das Mareas, Moreiras, Reboredo,
A Igrexa-Praia de A Barcala, Carreiro, Espiño-Bizocas-Carreiro, Sobre do Pozo,
As Laxes e Insuíña.
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario