Esquerda Unida O Grove súmase e chama a participar nas mobilizacións contra o
Golpe de Estado en Bolivia e de apoio ao pobo boliviano
Dende
Esquerda Unida O Grove sumámonos e chamamos a participar na mobilización de
apoio ao pobo boliviano, a prol da lexitimidade do partido Movimiento Al
Socialismo (MAS) e do goberno lexítimo de Evo Morales como presidente que terá
lugar hoxe ás 20.30 horas na praza de Galicia (Vilagarcía).
Denunciamos
e condenamos o Golpe de Estado en Bolivia, reclamando o cese inmediato da
violencia e a represión. Tras este golpe, están os intereses dunha dereita
vinculada e dirixida pola oligarquía tradicional e grupos integristas
relixiosos, que non tiveron ningún reparo en desatar unha tremenda violencia no
país para lograr a dimisión de Evo Morales e impedir a continuidade da
democracia.
Ante
a gravidade destes acontecementos, expresamos a súa firme condena ao Golpe, así
como a persecución, violencia fascista e asasinatos que están a levar a cabo os
golpistas e esixe o cese inmediato da represión e da violencia. Por iso, chamamos
a encher as rúas e participar na Concentración de Vilagarcía.
Mobilización contra o Golpe de Estado:
Hora: 20.30
horas.
Data: Xoves, 21 de novembro.
Lugar: Praza de Galicia (Vilagarcía)
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario