A formación reclama unha axeitada
actualización da páxina, que segue publicitando praias con Bandeira Azul a
pesar de que hai xa dous anos que O Grove prescindiu deses distintivos
Imaxe da web turismogrove.es co información das praias |
O
Grove, 5 de xullo de 2018.- O grupo
municipal de Esquerda Unida esixe que o Concello poña ao día e actualice coa
axeitada periodicidade a web de turismo municipal. Unha páxina que nen de lonxe
está a funcionar como o elemento dinamizador que debera ser. E que ofrece
información tremendamente desactualizada e errónea, dando unha imaxe de
desleixo para nada acorde ás necesidades promocionais da vila e do seu tecido
turístico.
Hai
xa dous anos que Esquerda Unida abordou no pleno a necesidade dunha posta ao
día e dunha xestión máis eficiente da web de turismo do Concello. E é que, a
pesar de que a renovación desta páxina foi unha das medidas estrela que a edil
responsable desta área propuxo aos representantes da hostelaría e das demais
empresas vinculadas co turismo no Grove ao comezo do mandato, semella que
aquela iniciativa caeu no esquecemento.
A
web continúa informando aos visitantes da existencia de praias con Bandeira
Azul. Un distintivo que non ondea nos areais mecos desde hai xa dous veráns.
Pero non só, pois tampouco a información de eventos tan relevantes para a
localidade como a Festa do Marisco se atopa ao día (neste caso, por ningures
aparece o cartel da edición deste ano, nunha mostra inaceptable de desinterese
e deixadez).
Así
as cousas, o grupo municipal de EU califica de “vergoña” a xestión que o
Concello está a realizar deste instrumento promocional; e volve incidir na
necesidade de que o goberno local tome cartas no asunto e preste a atención
debida a un elemento que debera servir de catapulta para a oferta de ocio e a
totalidade dos recursos turísticos da vila.
Sección da Festa do Marisco na web turismogrove.es |
Cartel da edición 2017 na sección da Festa do Marisco |
Gabinete
de Comunicación
Esquerda
Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario