O Concello do Grove xa figura entre os 20 municipios galegos* contrarios ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP).
A moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida foi aprobada no pleno do pasado luns cos votos favorables do PSOE, BNG e PGD. O Partido Popular ao igual que fai na maioría dos concellos do Estado, votou en contra.
Así, o pleno do concello do Grove dou o visto bó as propostas de acordos presentadas por Esquerda Unida:
1. Declarar ao
Concello do Grove como “Municipio oposto ao Acordo Transatlántico de
Comercio e Investimento (en inglés TTIP)”, defendendo os servizos
públicos básicos para a solidariedade e redistribución social.
2. Solicitar do
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España:
● o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público o
seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos
chamados servizos socialmente útiles.
● a derrogación inmediata con carácter retroactivo da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da
Administración Local para lexislar no seu lugar unha nova normativa
enfocada ao desenvolvemento da economía local.
3.
Solicitar do
Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España a suspensión
das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares como o TISA
(Acordo Multilateral para a Liberalización e Privatización de Servizos
Públicos), e a non ratificación do CETA (Acordo de Libre Comercio
entre Canadá e a UE).
4.
Solicitar
igualmente do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España
que:
●
mecanismos como
o ISDS, o ICS ou similares non sexan incluídos neste nin en
ningún outro Tratado, e sexan eliminados dos tratados actualmente en vigor.
●
se aplique o
mesmo que no punto anterior para disposicións sobre servizos públicos e a
propiedade intelectual, e que sexan excluídos do Tratado.
●
se evite a
participación directa ou indirecta das ETN, a través de calquera tipo de organismo ou lobby, nos procesos
reguladores ou normativos da UE e os seus Estados Membros en relación con
temas sociais, laborais, sanitarios, medioambientais ou de calquera outra
materia. Os entes reguladores públicos poderán en todo caso establecer
consultas non discriminatorias coas organizacións democráticas da sociedade
civil.
● no caso de que
as negociacións do TTIP frutifiquen nun texto consolidado, o proceso de
ratificación, en coherencia coa legalidade europea e cos precedentes de
anteriores tratados de carácter mixto, teña que pasar, ademais de polo Consello
e o Parlamento Europeo, polos parlamentos dos 28 Estados Membros da UE e por
referéndums vinculantes, xa que o contido do TTIP desborda as competencias
exclusivas da Comisión Europea e debe ser, por tanto, considerado como un
acordo mixto. A mesma esixencia é aplicable á ratificación do CETA e do
TISA.
● o Tratado non
se limite a obxectivos meramente económicos, que non se perdan competencias
e que se lle dea a mesma importancia e consideración aos obxectivos sociais e
aos ambientais.
● se termine a
actual falta de transparencia das negociacións, se faga pública toda a
información e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos
parlamentos nacionais.
5.
Dar traslado deste acordo ao Goberno de España, ao Goberno da
Comunidade Autónoma de Galicia e a todos os grupos parlamentares do Parlamento
de Galicia, do Congreso dos Deputados e do Parlamento Europeo, para que se
rexistre e quede constancia do mesmo.
* datos da web galega https://nonaottip.org a 1 de xuño de 2016
ver/descargar moción completa
Noticia relacionada: EU presenta unha moción para que O Grove sexa municipio oposto ao TTIP
Ningún comentario:
Publicar un comentario