INVITACIÓN
Vilagarcía de Arousa, a 2 de Novembro
de 2013
Estimad@
compañeir@ , camarada:
Os
ataques contínuos do Pariído Popular, co apoio do Partido Socialista, aos
dereitos e liberdades da xente do común xa hai tempo que teñen efectos visibles
na nosa comarca. Para loitar contra eses ataques necesitaremos articular un
equipo de xente comprometida para loitar contra o paro, a reforma laboral, a
reforma das pensións, carestía da vida (subidas nos prezos da luz, da auga, da
gasolina...), contra a privatización da sanidade e do ensino público, rescate
da banca e liquidación das caixas de aforro, subidas de impostos...
Como
coordinador comarcal de Esquerda Unida na Arousa teño o pracer de convidarte a
participar na nosa Asemblea Comarcal, o vindeiro 9 de Novembro de 2013 ás 10 da
mañá, na Sala de Conderencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
Asemblea na que procederemos á renovación do noso Consello Político Comarcal,
seguindo a seguinte orde do día:
1.
Intervención
de representantes dos colectivos políticos, sindicais e sociais.
2.
Turno
aberto de palabra para os asistentes. Proposta para á alternativa.
3.
Informe
de xestión e balance.
4.
Elección
do Consello Político Comarcal.
Contamos coa túa participación.
Ramón Bueno
Coordinador Comarcal de Esquerda Unida en Arousa
Ningún comentario:
Publicar un comentario