Descargar moción
Esquerda Unida presentará, a través do seu concelleiro Juan Lamelas, no pleno correspondente a este mes de marzo, unha moción sobre transparencia de datos no Concello do Grove.
O Open Data utiliza a filosofía do Software Libre para os datos. Consiste na oportunidade de, por un lado, utilizar estándares de formatos de datos, e por outro lado permitir o seu acceso ao público. É unha reivindicación que se apoia sobre demandas de transparencia e liberdade, e sobre os valores do procomún.

Desde EU
consideramos imprescindíbel nunha sociedade que se pretende democrática a
máxima transparencia e accesibilidade dos datos xerados polos
organismos municipais. O acceso público dos datos a través da Web
mellora a comunicación cos cidadáns, reforza a imaxe do Concello
respecto á creatividade e innovación e mellora os servizos públicos,
permitindo aos cidadáns organizarse, derivando nunha participación máis
intensa, cohesión social e orgullo cívico.
Esta información deberá ofrecerse á cidadanía en formatos e estándares abertos, e a súa disposición será baixo licencias libres, o que permite aos cidadáns empregar estes datos para propósitos diversos, contribuíndo desta maneira a actividades económicas, xeradoras de emprego e sostibles na nosa zona.

Ningún comentario:
Publicar un comentario