miércoles, 28 de septiembre de 2011
Esquerda Unida pedirá explicacións no pleno deste xoves respecto do reparto de subvencións a entidades culturais do presente ano, no que foron concedidas axudas a catro entidades que presentaron as súas solicitudes fóra de prazo.
Redacción | Foto: M. Muñiz
O
voceiro desta formación na corporación, José Antonio Taboada,
trasladará esta cuestión na quenda de rogos e preguntas do pleno de
mañá, na que buscará saber por que o Goberno local acordou incluír no
reparto de subvencións a catro colectivos que presentaron as súas
solicitude fóra do prazo establecido nas bases publicadas no Boletín
Oficial da Provincia (BOP) do pasado 25 de maio, de quince días
naturais.
Segundo
denuncia EU no seu escrito de rogos e preguntas, este reparto conta cun
informe desfavorable de Intervención, no que ademais de observar unha
falta de documentación “na maioría das entidades solicitantes”, un feito
corrixible e que a propia formación define como “algo normal”, indícase
tamén que “catro solicitudes presentadas fóra do prazo” establecido.
Concretamente,
tratase das solicitudes da Asociación Cultural Cantodorxo, que resultou
beneficiaria de 3.920 euros; a Asociación de Mulleres Rurais Adro
Vello, que obtivo 1.295; o Club Náutico de San Vicente, ao que se lle
concederon 1.195; e a Coral Polifónica Boca da Ría, que obtivo, 900
euros; e o CMCD Breogán, ao que se lle outorgaron 600 euros, segundo
informou EU.
Outros rogos
Taboada
tamén requirira información no pleno de mañá respecto de cómo foi
adxudicado o posto de venda de sobremesas da Festa do Marisco, que
“estes últimos anos era abastecido polas diferentes pastelerías da
vila”, mentres que, desta volta, “parece ser que, cando menos, a dúas
destas, se lles indicou que este ano non ían realizar o traballo”.
Por
outra parte, EU tamén pedirá mañá explicacións respecto da “demora” na
resposta dos rogos e preguntas que realizou no pleno de xullo, aos que o
Goberno se comprometeu a contestar por escrito. Pasados dous meses
daquela sesión, esta formación continúa “agardando polas correspondentes
respostas”.
Así
mesmo, EU tamén abordará as “deficiencias de iluminación” da rúa do
Altiño; a “falta de visibilidade” nas interseccións da rúa das
Barqueiras e das rúas Montiño A e Montiño C; ou as queixas dos veciños
da Fontiña e do Montiño respecto da prohibición de estacionar nas
inmediacións do edificio Campiño que fixou o actual Goberno e que
converteu a estas rúas “nun novo sistema de recadación mediante multas
de tráfico que sofren os propios veciños”, lamenta esta formación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario