Na vindeira Sesión Plenaria, a do 28 de xullo, Esquerda Unida realizará dúas preguntas relacionadas co Servizo de Asistencia a Domicilio e varias referentes á praia da Lanzada. Ademais presentará sete rogos para dar solución a diferentes problemas existentes no noso concello.
ROGOS E PREGUNTAS Á SESIÓN PLENARIA DO CONCELLO DO GROVE
28 DE XUÑO DE 2011
28 DE XUÑO DE 2011
1ª PREGUNTA
¿Cal é ao dia de hoxe o compromiso deste goberno coa empresa que xestiona o Servizo de Asistencia a Domicilio e cando remata ese compromiso?
¿Ten o goberno intención de recuperar este servizo externalizado e xestionalo directamente a través da responsable de Asuntos Sociais?
2ª PREGUNTA
- Usuarios da praia da Lanzada, veciños e turistas, infórmannos de que os aseos e duchas desta praia levan varios días sen funcionar, desde EU preguntamos:
¿Cal é o motivo do non funcionamento destes servizos públicos na praia máis emblemática do noso Concello? ¿Por que non está solucionado o problema? ¿Como afecta esta situación á Bandeira Azul que ostenta a Lanzada? ¿É consciente o goberno da mala imaxe que se está a dar aos turistas que nos visitan?
¿Cal é o motivo do non funcionamento destes servizos públicos na praia máis emblemática do noso Concello? ¿Por que non está solucionado o problema? ¿Como afecta esta situación á Bandeira Azul que ostenta a Lanzada? ¿É consciente o goberno da mala imaxe que se está a dar aos turistas que nos visitan?
ROGOS
1º ROGO
Os vehículos que circulan pola Rúa O Corgo están tendo serios problemas para incorporarse á Avenida Irmáns Otero Goday. A escasa visibilidade, por mor do aparcamento da esquina do bar O Portiño, así como os existentes na fachada do mesmo local e a excesiva velocidade á que circulan os que se dirixen en dirección a Lonxa, xa provocou algún que outro accidente dos que a policía local xa ten coñecemento.
Por este motivo, rogamos ao Concello do Grove que busque unha solución co fin de evitar máis accidentes e facilitar que os vehículos que los se queiran incorporar dende a Rúa O Corgo á Avenida Irmáns Otero Goday o fagan sen ningún tipo de risco.
2º ROGO
Numerosos vehículos que circulan pola Avenida Irmáns Otero Goday, nas dúas direccións, estano facendo a grandes velocidades. Isto pode provocar algún que outro accidente nas inmediacións da Lonxa, da casa da terceira idade, na saída do aparcadoiro ao carón do Estaleiro ou na intersección coa Rúa O Corgo, como indicamos anteriormente.
Para evitar calquera tipo de atropelo ou accidente, solicitamos ao Concello que tome cartas no asunto e instale algún tipo de sistema que evite que os vehículos poidan circular a grandes velocidades por esta avenida.
3º ROGO
Outra intersección que está resultando perigosa para os condutores é a saída da Rúa Fontegrande á Rúa da Igrexa. Os vehículos que aparcan nesa saída, sobre todo os días que hai enterros, impiden a visibilidade provocan un gran risco para os condutores que se queren incorporar á Rúa da Igrexa.
Rogamos que o Concello solucione este problema e busque medidas que garantan a seguridade nesta intersección.
4º ROGO
Preto desta mesma intersección, na Rúa Fontegrande, un veciño fainos saber dos problemas que ten na súa propiedade cando chove con certa intensidade xa que, ao atoparse a súa propiedade máis baixa que a estrada, sufre inundacións na mesma. Facémonos partícipes da súa petición, que non é outra que a instalación dun sumidoiro transversal, non e moito máis de 10 metros, que recolla as augas pluviais e as derive cara os sumidoiros da Rúa da Igrexa. Por este motivo solicitamos se dea solución a este problema canto antes.
5º ROGO
Os usuarios da zona deportiva de Terra de Porto solicitan que se cubra cun valado a parte de atrás da portería norte (paseo) do campo de herba, do mesmo modo que está a de enfronte (carreteira), co fin de evitar que os balóns vaian parar ao mar.
Por ese motivo, rogamos se atenda a esta demanda o máis axiña posible.
6º ROGO
A estrada de San Vicente pola Costa, non conta con pasos de peóns dende a rotonda do Bao ata Balea Marítima. Esta zona é altamente transitada, especialmente os meses estivais, xa que conta coa praia da Lanzada e outras de gran afluencia así como vivendas, cámpings ou o propio Sanatorio (futura Pousada).
Solicitamos que coa finalidade de reducir o risco de atropelos e facilitar o transito das persoas se realicen os trámites oportunos para dotar dos pasos de peóns precisos neste tramo.
7º ROGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario