venres, 3 de xuño de 2011

EU acorda apoiar a investidura de Cacabelos

Prensa:
EU acorda apoiar a investidura de Cacabelos 

Todogrove.com |viernes, 03 de junio de 2011
Representantes de Esquerda Unida chegaron na tarde do venres a un acordo co PSOE para apoiar a investidura de José Antonio Cacabelos como alcalde. Engadíndolle a este voto o presumible apoio do BNG, o socialista estaría a tan só un voto de repetir mandato.
 
Redacción 


As intensas negociacións entre os diferentes partidos grovenses para decidir quen gobernará O Grove os próximos catro anos completaron outro episodio na tarde do venres. Tras varios días de negociacións, EU e PSOE chegaron a un acordo para apoiar a investidura de Cacabelos. 
As dúas formacións conformaron conxuntamente un programa de Goberno que o socialista debería seguir no caso de continuar ao fronte do Concello, nun Goberno do que Esquerda Unida non formará parte.
Por outra parte, Cacabelos xa afirmara que o BNG lles deixara claro nunha xuntanza esta semana que tamén ían apoiar a súa investidura, o que supón que o candidato socialista contaría xa con oito dos nove votos que precisa para renovar mandato. 
Todo fai indicar que as opcións de Cacabelos quedarían agora nas mans de Aida Filgueira, única concelleira de Alternativa Meca e antiga militante do PSOE, que nestes días mantén abertas as negociacións tanto co candidato socialista como co PP de Miguel Ángel Pérez.

Leer noticia no seu contexto orixinal

Ningún comentario:

Publicar un comentario