mércores, 18 de marzo de 2009

IU propón que o Estado inxecte capital aos concellos para atenuar o problema de liquidez das PEMEs

Prensa:
IU propón que o Estado inxecte capital aos concellos para atenuar o problema de liquidez das PEMEs
O coordinador xeral de Izquierda Unida, Cayo Lara, anunciou hoxe unha serie de iniciativas para combater a crise e a falta de liquidez, entre as que destaca a proposición dunha inxección de capital do Estado a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) aos concellos, para “atenuar a situación de falta de liquidez que teñen as PEMEs”.

Para Cayo Lara, este plan de axuda solucionará o problema de liquidez que teñen as PEMEs que, segundo dixo, están despedindo a xente debido ás débedas contraídas dos concellos con moitos proveedores.
Ademais, recomendou que o diñeiro que paguen eses concellos endebedados teña un tipo de interese equiparable ao establecido polo Banco Central Europeo (BCE), actualmente no 1,5%.
Durante un acto celebrado en Getafe, dentro da campaña ’1.000 actos contra a crise’ iniciada pola agrupación de esquerdas, Lara considerou que a medida anunciada onte polo vicepresidente económico, Pedro Solbes, sobre unha posible inxección por parte do Estado de 3.000 millóns de dólares ás arcas do FMI “non é a solución, porque non podemos sacarlles o diñeiro aos cidadáns dos recursos de todos para que os banqueiros tapen os seus buracos negros”, declarou a Europa Press.
Neste sentido, denunciou a actitude da banca que “ante a crise profunda e severa que creou o sistema financeiro internacional, que estiveron xogando a esa gran economía de casino, agora veñen pedirlle ao estado que solucione as perdas tan inmensas” polo que defenden “a creación dunha banca pública”.
O coordinador xeral de IU tamén subliñou que “o Estado está a enfraquecer, non ten músculo económico suficiente para poder intervir nas situacións de crises profundas e en distintos sectores da economía produtiva do noso país”, porque “os gobernos do PP e do PSOE cargáronse unha parte importante da política da facenda pública, mediante a privatización dos sectores estratéxicos do país”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario