No acto sectorial de emprego de Esquerda Unida no que participou o dirixente federal Ángel Pérez, de Esquerda Unida avanzou a sía aposta por unha ampla política de axudas financeiras ao través dos instrumentos públicos do ICO e das caixas para garantir liquidez as pequenas e medianas empresas, que como suliñou Javier Galán xeran o 90% do emprego total.
Ángel Pérez reprochou as entregas de inxentes cantidades de cartos públicos (só neste ano 150.000 mil millóns de euros, un 15% do PIB) sen condicións ás entidades financeiras cando as previsións que anuncia o Santander son uns beneficios, logo de impostos, duns 8.000 millóns de euros ou no caso do BBVA por riba dos 5.000 millóns.
Esquerda Unida achegou a súa proposta sobre a necesidade da iniciativa industrial pública nos sectores de relevancia para o futuro: automoción, informátiva e naval foron alguns dos mencionados, que no caso galego terán unha atención preferente por parte de EU. Industria e enerxía que semellan estratéxicos e, xa que logo, susceptibles dunha presenza pública protagonista.
No transcurso do acto lembrouse a necesidade de enxergar unha política pública que coide o factor traballo, que é o verdadeiro creador de riqueza social. So a mercaduría traballo crea valor, fai mover a nosa sociedade. Emprego estable e con dereitos e formación continuada serán eixos do anunciado plan de emprego de EU.
De tempo perdido cualificou Javier Galán, candidato pola circunscripción coruñesa, os catro anos en materia de emprego, precariedade e sinistralidade. Cartos públicos en troques de boas intención estériles, sentenciou o candidato de EU.
Ningún comentario:
Publicar un comentario