Este venres, día 21 de novembro, o Concello do Grove, a través da Concellería de Xuventude que dirixe o edil comunista Xan Lamelas, presentará a charla “Cambio climático na costa galega”, que se impartirá no local social do Clube de Remo Mecos en Rons, ás 20:30 horas da tarde.
Esta charla será impartida por Xosé Antón Álvarez Salgado (Investigador Cientítico do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC). Ademáis o poñente é coordinador do Grupo de Traballo de Oceanografía e Medio Peláxico dentro do proxecto “Análise das Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia”, promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.
A charla explicará que é o Cambio Climático e cales son as evidencias deste cambio que se observan durante os últimos anos na costa galega así como os seus impactos ecolóxicos e económicos, especialmente naqueles recursos explotables como a pesca extractiva, marisqueo e acuicultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario