Este sábado celebraránse concentracións contra a reunión do G-20 e a refundación do Capitalismo en todo o mundo e xa están convocadas en decenas de cidades españolas.
Lugar en Vilagarcía: Praza da RavellaData: 15 de novembro, sábado.Hora: 17 HsAsí mesmo esta convocatoria fai un chamamento a todos os cidadáns e didadás á participación na mesma.
Todos á rúa o 15-N: A crise que a paguen eles
O próximo 15 de Novembro reuniranse os líderes mundiais para preparar un novo plan contra a crise. Salvar da crise aos bancos de Estados Unidos custou 700.000 millóns de dólares; !! 5 veces máis do que aprobou a ONU para alcanzar os Obxectivos do Milenio !!. E as axudas europeas son aínda maiores. ¡¡¡¡É unha vergoña!!!!
En España o goberno dálle 100.000 millóns de euros aos mesmos bancos que están desahuciando a moitas familias por non poder pagar a hipoteca.
Fai meses miles de persoas saímos á rúa por unha vivenda digna e xa advertiamos do perigo da burbulla inmobiliaria. Agora que estalou ímola a pagar nós?
Durante anos forráronse e agora anuncian despedimentos, recortes salariais, peches de empresas, “aparcar” o protocolo de Kioto. Está claro que os grandes partidos gobernan para a banca e que os grandes sindicatos non van a rechistar ¡Se ata os felicitaron os banqueiros e empresarios! Só a xente do montón podemos denuncialo. Privatizan os beneficios e socializan as perdas. Crense que somos tontxs? Ímolo a permitir? Claro que non.
O vindeiro sábado, 15 de novembro ás 17:00 horas sairemos á rúa en todas as cidades.
Temos tempo e capacidade suficiente para difundilo e organizarnos. Dá igual se invitan a Zapatero pero nos temos que coarnos nesa cimeira..
Ningún comentario:
Publicar un comentario