O Concello do Grove, a través da Concellaría de Persoal, dirixida polo concelleiro de Esquerda Unida Xan Lamelas, ben de contratar a unha asesora laboral coa finalidade de ofrecer un novo servizo aos veciños do Grove en materia de busca de emprego.
Neste servizo, que se localizará no Edificio de Usos Múltiples da rúa Castelao, ofrecerase orientación laboral personalizada a través do Servizo Público de Emprego, e será ofrecido catro días á semana (luns, martes, xoves e venres) en horario de mañá.
Para o Concelleiro de Emprego Xan Lamelas, “este servizo é un paso máis que dá o goberno local no seu compromiso de mellorar a inserción laboral dentro das súas competencias” e ademais “reforzará o traballo da Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) e do Técnico Municipal de Emprego en materia de busca de emprego” que o Concello xa viña realizando até agora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario