No día de hoxe, martes 1 de xullo, comezou a andar a Escola de Verán organizada polo Concello do Grove a través das Concellarías de Xuventude, que dirixe o comunista Xan Lamelas, e Educación, na cal participan máis de 120 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade.
A idea desta actividade é a de conciliar a vida laboral e familiar nos meses de verán en que crece a actividade laboral na nosa localidade.
Esta escola funcionará no Colexio Rosalía de Castro onde se realizarán actividades recreativo culturais, deportes non convencionais, animación acuática, xogos grupais, obradoiros, construcións ao aire libre. Todo isto fomentando a convivencia, o autodesenvolvemento persoal e a adquisición de valores e actitudes de compañeirismo e de respecto á natureza.
Debido ao alto número de solicitudes, o Concello aumentou o número de prazas disponíbeis, que nun principio eran 100, con 15 reservadas para os servizos sociais, dando así cabida a todos os nenos e nenas que os seus titores solicitaron a participación nesta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario