Sempre se utilizou como pretexto para privatizar (ou como gusta decir os gurús das privatizacións, externalizar) os servizos públicos, a eficacia dunha xestión privada, pero esto non é certo, a vista de todos está. Un servizo público pode ser igual ou máis eficaz que un privado, pero para elo necesita xestores preocupados na súa xestión, máis dotación económica, a mesma que se lle dá sen reparos ás empresas privadas e que se tería que investir na ampliación das plantillas de persoal, en modernizar a maquinaria, vehículos, etc., e non abandonándoo á súa sorte para desprestixialo ante a opinión pública e logo xustificar así, a súa posterior privatización. Entón por qué se privatiza?. Básicamente por dúas razóns:
A primeira, porque desta maneira, os políticos, deixan de ser xestores reais dos servizos públicos, deshibíndose dos problemas que se orixinan e evitando atender directamente as queixas dos cidadáns. Todo elo a costa de utilizar parte do diñeiro público para o beneficio e enriquecemento privado, e que as veces tamén se benefician os bolsillos dos privatizadores (as famosas comisións).
A segunda razón, porque os servizos públicos son rentables: si o mundo empresarial desembarcou en sectores que de sempre foron xestionados polas Administracións Públicas (Estado, Comunidades Autónomas, Deputacións e Concellos) é porque dá cartos, basta mirar cales son os servizos que se privatizan e cales non.
O que busca o sector privado son os beneficios e estes obtéñense a costa de:
Despidos para reducir plantillas, contratos e salarios precarios, empeoramento das condicións laborais.
Nestas condicións de desigualdade e precariedade, o servizo ós cidadáns encarecese e empeora a calidade dos mesmos. Exemplos que avalan esta afirmación, temos a montóns.
Os servizos públicos establecéronse para satisfacer as necesidades das persoas, non para o comercio e o beneficio económico duns poucos en perxuizo da maioría.
Polo tanto defender a xestión directa dos servizos públicos é defender o beneficio para a maioría dos cidadáns.
Desde Esquerda Unida, defendemos e defenderemos sempre uns servizos públicos de calidade que beneficien á cidadanía, que xeren un beneficio social, e non privado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario