ROGOS E PREGUNTAS
📅
9 de decembro de 2025
▶
Intervención: minuto 27:48
Preguntas realizadas
🔻 Aplicación da Relación de Postos de
Traballo
Preguntamos polo estado da
aplicación da RPT no Concello.
🔻 Denuncias de traballadores municipais
Preguntamos pola situación na que
se atopaban as denuncias presentadas por diferentes traballadores municipais e
pola resposta do goberno.
🔻 Ofertas Públicas de Emprego
Preguntamos polo estado dos
procesos correspondentes ás diferentes ofertas públicas de emprego.
🔻 Remolque náutico municipal
Preguntamos polo estado da compra
do remolque náutico e pola xestión do seu uso polos clubs.
🔻 Pavillón de Conmeniño
Preguntamos polas filtracións de
auga no pavillón tras investir 300.000 euros na súa reforma para evitar ese
problema.
🔻 Regulamento de patinetes
Preguntamos polo número de
sancións executadas tras a aprobación do regulamento de patinetes, xa que
seguen circulando por zonas prohibidas e sen casco.
🔻 Cartel da Festa do Marisco 2027
Preguntamos pola situación do
concurso do cartel da Festa do Marisco 2027, declarado deserto sen información
pública.
🔻 Medicións de son en locais nocturnos
Preguntamos polo custo das
medicións de son realizadas pola empresa Virocem en locais de ocio nocturno.
🔻 Acendido de Nadal
Preguntamos se o goberno
consideraba adecuada a imaxe ofrecida ao anunciar o acendido de Nadal sen estar
instalado en todo o concello.
🔻 Acordos co noso grupo municipal
Preguntamos polo estado de execución de diferentes acordos alcanzados co noso grupo municipal
- A posta en funcionamento do Consello Local de Deportes.
- A posta en funcionamento da Mesa de Patrimonio e Cultura.
- A cobertura do posto laboral de Técnico/a de Turismo.
- A creación do posto laboral para o Auditorio.
- A desafectación dos terreos de Rons.
- A ampliación da Casa da Cultura de San Vicente.
- A aplicación do Plan de Envellecemento Activo para combater a soidade non desexada.
🔻 Acordos financiados co Remanente 2024
Preguntamos polo grao de execución das actuacións, acordadas co noso grupo municipal, financiadas con cargo ao remanente de tesourería.
- A creación da área de descanso na Toxa, ao carón do Redondo.
- A compra do terreo de Entrehortas para ampliar o estacionamento.
- O proxecto de estudo para executar un aparcamento en dúas alturas en Entrehortas.
- A creación de espazos de sombras en parques infantís.
Rogos e solicitudes
🔻 Iluminación exterior do pavillón de ConmeniñoSolicitamos a instalación dun punto de luz no exterior do pavillón.
🔻 Muro de EntrehortasSolicitamos información sobre o Decreto de Alcaldía que aprobou a memoria técnica do muro de Entrehortas.
🔻 Mesa de Patrimonio e CulturaSolicitamos a convocatoria desta mesa para traballar na actualización do Catálogo de Patrimonio do PXOM.
🔻 Lixo na rúa O MariñoSolicitamos solución á acumulación de lixo procedente da actividade nocturna.
🔻 Mercado municipalSolicitamos información sobre a situación derivada das denuncias entre dúas usuarias do mercado.
🔻 Campamento de NadalSolicitamos que se procurase a realización dun campamento para facilitar a conciliación familiar.
🔻 Reloxo da Casa do ConcelloSolicitamos o arranxo do reloxo da fachada do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario