ROGOS E PREGUNTAS
📅
28 de xullo de 2025
▶
Intervención: minuto 28:40
Preguntas realizadas
🔻 Camiño público da praia de Con Roibo
Preguntamos polo estado do
expediente de recuperación deste camiño público ocupado por unha empresa
privada.
🔻 Obra da rúa Entrehortas
Preguntamos polos motivos do
retraso no remate desta obra.
🔻 Reforma da rúa Hortos
Preguntamos cando comezaría a
execución desta obra.
Rogos e solicitudes
🔻 Recollida de colectores selectivos
Solicitamos aumentar a frecuencia
de recollida, xa que permanecían cheos durante varios días.
🔻 Fonte da rúa Concepción Arenal
Solicitamos a reinstalación desta
fonte pública.
🔻 Sinalización viaria
Solicitamos o pintado dos pasos de
peóns e das sinalizacións horizontais en diferentes rúas.
🔻 Baldosas levantadas nas rúas peonís
Solicitamos a reposición das baldosas
deterioradas que estaban provocando incidentes entre os viandantes.
🔻 Circulación indebida na rúa Corgo
Solicitamos reforzar a vixilancia
da Policía Local ante vehículos que circulaban en dirección prohibida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario