![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjILbKQz7_MG54zCBbEFm2WaHJN49IJJMVu02XQcFL_0aCFMbRmlKSo0jm5liwPaCV1drT_qvOUnVgj6J-EG6SRWA8otIx-PcWfVjiVdUzgqP9RCxTZVY6jpLbn2v22QDR6v7JuDUuki40/s1600/2014-06-22+12.14.50.jpg)
É vergonzoso que os gobernos do PP, tanto local como autonómico, lle
estean dando largas a unha problemática
que afecta a nenos de tan curta idade,
que pasan nese centro educativo a maior parte do día ao longo de todo o ano.
Dende a ANPA de Rons levan anos reclamando solución para a Escola de Róns, que
evite as humidades e as filtracións de auga nas aulas de ensino. A Xunta de
Galicia e o Goberno Local prometeron
unha reforma integral do centro pero esta non chega, tal e como denunciou a
propia ANPA estes días. De feito, os Orzamentos Autonómicos para o 2015 non
mostran ningunha partida destinada a
esta obra, o que demostra a pouca intención que ten a administración
autonómica por dar solución a esta demanda.
É intolerable que o único compromiso en firme que puido acadar a ANPA
fora un arranxo do teito para paliar as filtracións de auga e que este parcheo
non superase a primeira proba.
Por iso, Esquerda Unida canalizará
a demanda da ANPA a través do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, que formularán unha emenda aos Orzamentos Autonómicos do
2015 para que se inclúa unha partida orzamentaria destinada á reforma integral
da Escola Infantil de Róns.
Así mesmo, EU solicitará á
Concelleira de Educación que dea solución
inmediata e dunha vez por todas ás deficiencias
que presenta a Escola Infantil de Rons para que, cando menos durante este
inverno, os cativos poidan asistir sen ter que padecer goteiras e humidades.
A Asemblea Local de Esquerda Unida
Prensa:
La Voz de Galicia: AGE levará ao Parlamento de Galicia as deficiencias da gardería de Rons
Faro de Vigo: O grupo parlamentario de AGE pide á Xunta unha partida para arranxar a gardería de Rons
Diario de Arousa: EU pedirá, a través de AGE, partida nos orzamentos da Xunta para a gardería de Rons
Prensa:
La Voz de Galicia: AGE levará ao Parlamento de Galicia as deficiencias da gardería de Rons
Faro de Vigo: O grupo parlamentario de AGE pide á Xunta unha partida para arranxar a gardería de Rons
Diario de Arousa: EU pedirá, a través de AGE, partida nos orzamentos da Xunta para a gardería de Rons
Ningún comentario:
Publicar un comentario