O goberno do PP escenificou onte, entre aplausos, un lamentable espectáculo de cesión de soberanía ante os ditados neoliberais da comisión europea.
Rajoy asume, obedece e goberna para os mercados e non para as persoas.
Esquerda Unida critica as novas medidas de recorte tomadas polo goberno do PP. Unha vez máis a clase traballadora está a sufrir a amputación dos seus dereitos laborais e sociais que a senrazón da dereita provoca ao non querer buscar a alternativa a este sistema especulador.
A Executiva Nacional de Esquerda Unida manifesta o seu apoio ás mobilizacións cidadás que se leven a cabo contra este ataque aos nosos dereitos. É inxusta a reducción de salario dos empregados públicos, é inxustificable a subida do IVE mentras se apoia unha amnistía fiscal aos defraudadores. É inadmisible a reducción de liberados sindicais cando a reforma laboral merma os dereitos clase traballadora.
A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, afirma que “a alternativa ás políticas neoliberais é máis que nunca necesaria”. É necesaria porque o PP aproveita para mermar a democracia coa reducción das concelleiras e concelleiros. É necesaria porque Rajoy agasalla á CEOE coa baixada das cotizacións sociais. É necesaria porque o Partido Popular precariza aínda máis a dura situación das paradas e parados.
Por todos este motivos, Esquerda Unida esixe, tal é como pediu o noso coordinador federal, Cayo Lara, na súa intervención no Congreso, que se sometan estas medidas tomadas polo goberno de Rajoy a un referendum onde a cidadanía poida decidir sobre o seu futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario