Este domingo, día 13 de novembro ás 12 da mañá, Esquerda Unida - Os Verdes celebrarán un acto público na Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove, no que explicarán o programa electoral da coalición e respostarán ás inquedanzas dos presentes.
Estarán presentes no acto Rubén Pérez, cabeza de lista de Esquerda Unida - Os Verdes pola provincia de Pontevedra e a tamén candidata María Guillán, ademais de outros membros da organización local, como o concelleiro José Antonio Taboada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario