O Consello Político Nacional celebrado o 17 de xaneiro de 2009 no Hotel Apostol Santiago de Compostela aprobou que Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, sexa a nosa candidata á Presidencia da Xunta de Galicia nas Eleccións que se derimirán o 1 de marzo de 2009.
Yolanda Díaz será a cabeza da provincia da Coruña, á que lle seguen, nos primeiros postos persoas que desenvolven responsabilidades institucionais nos Concellos de Ferrol (a propia Yolanda Díaz e Javier Galán, tamén están Sari Alabau e Miguel Reimóndez), Mugardos (Pilar Díaz, que vai de segunda), Neda (Rosana Llago) ou Cambre (Juan Fernandez). Pola provincia de Pontevedra o cabeza será Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía de Arousa. Carlos Anxo Portomeñe será o que encabece a candidatura en Lugo e Carmen Iglesias fara o propio pola provincia de Ourense.
En xeral, as diversas listas combinan diversos criterios como representatividade institucional, mocidade (é de poñer de relevo a importante presenza de mozos e mozas), activismo social e sindical.
Con estas persoas Esquerda Unida traballará duro para acadar o obxectivo primordial de que as xentes de esquerda de Galicia teñan, cando menos, unha voz que as escoite, que as faga participar e que lance as súas propostas no Parlamento de Galicia. A orfandade na que quedou a esquerda –á que nunca quixeron dar de verdade voz os do PSdG e BNG- quedaría así inicialmente reparada o 1 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario