O vindeiro día 25 de outubro, celebrarase no Grove a Xornada Lei da Memoria Histórica, no Cine O Marino, organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove.
Os actos comezarán ás 11 horas da mañá coa presentación a cargo de Don Xan Caneda, presidente da ARMH Ogrove. Seguiranlle as intervecións, en distintas poñencias, de Don Xosé Avelino Ochoa, vicepresidente da ARMH Ogrove e avogado, Don Miguel Ángel Rodríguez Arias, Catedrático de Dereito Penal na Universidade de Castilla – La Mancha, Don Joan Tardá, deputado de ERC no Congreso, Don Juan José del Águila Torres, maxistrado do Xulgado do Social nº 21 de Madrid e Don José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do Tribunal Supremo.
Cara o final das xornadas, haberá unha mesa de debate na que participarán todos os poñentes, e actuará o ballet Va’Lontano antes de dar leitura ás conclusións e dar o peche á xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario