mércores, 10 de setembro de 2008

O Consello Local da Xuventude avanza no calendario anual de actividades

Prensa:

O Consello Local da Xuventude avanza no calendario anual de actividades

O concelleiro de Xuventude, Xan Lamelas, dou a coñecer aos membros do CLX, as diferentes actividades xuvenís previstas para o que resta de ano, ademais do borrador das bases para o concurso do logotipo para o consello sectorial. A xuntanza, á que so asistiron Enxebre e Xuventude Comunista, serviu tamén para ver algunhas das propostas dos colectivos de cara a confección do calendario anual de actividades, previsto para o 2009.

As actividades, de cara a este ano, engloban dende cursos de informática e obradoiros, un concurso de curtametraxes feitas con móbiles e cámaras non profesionais, ata un concerto con grupos locais e algún foráneo no mes de decembro. En canto ao concurso do logotipo do CLX, a data límite para a entrega dos traballos será o 7 de novembro. Oito días despois reunirase o xurado para decidir cal será a imaxe que representará a este consello sectorial do Concello do Grove.
Calendario de actividades
En canto ao calendario de actividades, que está previsto que comece a partir do vindeiro ano, son numerosas as propostas realizadas polos colectivos xuvenís, tales como talleres, obradoiros, cursos, charlas, foros de debate, concursos, proxeccións e actividades deportivas, sociais e culturais.
A vindeira xuntanza do Consello Local da Xuventude será o último sábado de outubro no que esperan avanzar máis neste calendario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario