Esquerda Unida reclama medidas ante o previsible aumento froito da desaceleración no mercado inmobiliario e da deslocalización empresarialGalicia, con 5411 desempregados máis, é a cuarta comunidade onde máis se incrementou o número de desempregados rexistrados no mes de outubro, o que representa o 3,4% respecto ao mes anterior, especialmente grave é nas provincias de Lugo cun 5,3% e Ourense cun 6,2% de incremento.
O sector servizos e o da industria, son os sectores onde se produce o 80% do incremento.
Do número total de parados o 63,7% son mulleres e o 10% son menores de 25 anos, os maiores de 45 representan o 41,9 %.
Pero, para Esquerda Unida, entre a preocupación que emanan destes datos, o dato realmente preocupante, é que o 40% do total dos desempregados levan máis dun ano nesa situación.
Neste mes de outubro Galicia esta 1 punto por debaixo da media estatal na contratación indefinida.
En resumo, desde o mes de agosto, tradicionalmente bo, pero que neste 2007 foi anticipatorio, o emprego vai amosando as súas peores facianas para a poboación galega. E non podemos esquecer que, ademais, estes números danse nun contexto de perda demográfica, ben por escasa natalidade, ben por unha paseniña marcha de persoas que prefiren desprazarse a outras comunidades do Estado ante os mellores salarios e mellores oportunidades laborais.
Por iso, desde Esquerda Unida reclamamos medidas urxentes para facer fronte ao previsible aumento da desaceleración construtiva, que conlevará un inevitable incremento da bolsa de desemprego, e a constante presenza da deslocalización empresarial, que nos ameaza con desprazarse ao país veciño .entre outros- por mor das vantaxes fiscais e sobre todo -por moito que o queiran enmascarar- polo substancioso incremento dos beneficios retraídos dos salarios da clase traballadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario