venres, 28 de setembro de 2007

Aprobada a proposición non de Lei referida ao Pazo de Meirás, presentada polo Grupo Parlamentario de Izquierda Unida

Ao longo dos corenta anos da ditadura de Francisco Franco que padeceu España, houbo unha confusión interesada e continuada entre o público, o patrimonio do Estado, e o privado, propiedade do ditador e, polo tanto, tras o falecemento, dos seus herdeiros.Parte do Patrimonio do Estado pasou a formar parte do patrimonio particular desta familia, podéndose producir, de facto, unha apropiación indebida de bens públicos.

O Estado, aínda que pareza unha obviedad, merece a pena insistir niso, debe velar pola conservación, é dicir, por evitar a perda, dos bens que forman parte do Patrimonio Nacional que, non hai que esquecelo, pertencen ao conxunto da cidadanía.
Dáse o agravante de que algúns destes bens, de indubidable valor económico, poden ser, ademais, de interese cultural, histórico, artístico, etc. Este feito converte en ineludible a responsabilidade do Estado na recuperación, co mínimo custo económico posible, destes bens que nunca deberían deixar de ser de titularidade estatal.
Por outra banda, é convinte lembrar a polémica que rodeou este verán á familia Franco, quen, nun claro desprezo cara a unha autoridade democrática, como é a Xunta de Galicia, impediu aos técnicos da Administración autonómica inspeccionar o estado do Pazo de Meirás (Sada); motivo polo cal decidiuse expedientar á familia do ditador Francisco Franco.
A que fose residencia estival do ditador necesita ser revisada polos técnicos gobernamentais para elaborar un informe previo á súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), un extremo que podería converter ao edificio nunha atracción de libre acceso ao público durante catro días o mes.
Por todo iso, o Grupo Parlamentario de Izquierda Unida-Esquerda Unida, presentóu unha Proposición non de Lei pola cál o Congreso dos Deputados insta ao Goberno a que:
Adopte as iniciativas ou actuacións necesarias para colaborar coa Xunta de Galicia para as actuacións necesarias para o procedemento administrativo de declaración do Pazo de Meirás patrimonio cultural ao servizo e goce dos galegos, e estude as posibilidades de expropiación como patrimonio público.»
A Coruña, 25 de Setembro de 2.007
CONSELLO COMARCAL DE A CORUÑA

Ningún comentario:

Publicar un comentario