29 abril 2024

PLENO ABRIL 2024

ROGOS E PREGUNTAS

📅 29 de abril de 2024

▶ Intervención: minuto 54:23


🔗 Enlace ao vídeo

Preguntas realizadas

🔻 Licitación dos quioscos de praia

Preguntamos polo estado deste proceso ante a proximidade da tempada estival.

🔻 Cartel da Festa do Marisco 2024

Preguntamos polo retraso na publicación das bases do concurso.

🔻 Concurso de maios

Preguntamos polos motivos polos que non se celebraría este evento.

🔻 Consellos sectoriais

Preguntamos cando se levaría a pleno a súa constitución oficial.

🔻 Mesa de Comercio Local

Preguntamos pola súa constitución tras a desaparición da Asociación da Praza de Abastos.

🔻 Web municipal

Preguntamos polo motivo polo que a web levaba máis dun mes inactiva.

🔻 Cámaras de videovixilancia

Preguntamos polo motivo da súa instalación sen a correspondente sinalización.

🔻 Plan de Sustentabilidade Turística

Preguntamos polo estado de execución deste plan.

🔻 Consello Local de Turismo

Preguntamos cando se convocaría este órgano.

🔻 Local do CR Mecos

Preguntamos polo estado da obra de adaptación do local.

🔻 Rotonda de Terra de Porto

Preguntamos cando se iniciarían as obras comprometidas.

🔻 Subvencións deportivas

Preguntamos se se iniciaran os pagos aos clubs.

🔻 Relación cos clubs deportivos

Preguntamos pola consideración do goberno cara estes colectivos.

Rogos e solicitudes

🔻 Tubaxe da Lanzada

Solicitamos unha xuntanza coa Xunta para abordar esta obra.

🔻 Siradella

Solicitamos instar á Comunidade de Montes a adecuar o espazo.

🔻 Estrada da Lanzada

Solicitamos o pintado das liñas horizontais da estrada.

🔻 Rúa Serradoiro

Solicitamos o asfaltado desta rúa.

🔻 Poda de árbores en espazos públicos

Solicitamos realizar estas tarefas de mantemento.

🔻 Inundacións na Travesía Alexandre Bóveda

Solicitamos unha solución a este problema.

🔻 Cartel “O Grove Paraíso do Marisco”

Solicitamos reparar este cartel deteriorado.

🔻 Rúa Conchases

Solicitamos unha solución á problemática que sufrían os veciños polo tránsito de vehículos pesados.

08 abril 2024

EU demanda unha solución inmediata para a situación dos clubs de fútbol do Grove

Os equipos locais atopan dificultades para desenvolver a súa actividade nas instalacións deportivas por problemas no subministro eléctrico. O Amanecer SD e Anduriña SD teñen que adestrar en Noalla.

O concelleiro de Esquerda Unida, Anxo Meis, tacha a situación de “inadmisible”, pide explicacións polo sucedido, solucións inmediatas e que rematen co menosprezo aos clubs deportivos locais. 

O Grove, 8 de abril de 2024.- Nas últimas semanas, a  SD Amanecer, o Unión SD e o Anduriña SD non poden desenvolver a súa actividade deportiva en condicións óptimas debido a un problema co abastecemento eléctrico dos dous campos de fútbol. Segundo o concelleiro de Esquerda Unida, Anxo Meis, a potencia eléctrica contratada, tanto para o Monte da Vila como para As Lampáns, non é suficiente para cubrir a demanda precisa por cada estadio e, debido a isto, non poden activar o acendido das luces do campo ou dispoñer de auga quente para as duchas, dificultando o desenvolvemento dos adestramentos e partidos.  Esta situación provocou que tanto a SD Amanecer como o Anduriña SD optaran por desprazarse á localidade veciña (Sanxenxo) para adestrar no campo de Noalla, coa conseguinte problemática que xeran os desprazamentos ou cadrar horarios co club que usa a propia instalación.

Para Anxo, “esta é unha situación inadmisible e reafirma o pouco interese e o desprezo que o goberno local ten cos clubs deportivos nos últimos anos, e que parece non tornar a pesar de cambiar o responsable da área”. Meis lembra ademais o estado de deterioro no que están as diferentes instalacións deportivas, que xa foi denunciado en reiteradas ocasións polo seu grupo municipal neste e no anterior mandato, ou o considerable retraso no pago das subvencións nos últimos anos; a día de hoxe seguen sen cobrar as do 2023. “Agora súmase esta situación que, entendemos, é derivada da falta de previsión ante a activación que as compañías eléctricas estiveron facendo dos contadores para limitar a potencia contratada”, asevera.

Ante esta situación, dende Esquerda Unida piden explicacións ao goberno local e esíxenlle que solucionen o problema o máis axiña posible para que os clubs de fútbol poidan volver á normalidade. Do mesmo modo, piden un cambio de dinámica no trato cara os clubs deportivos da localidade, “pois exercen un traballo desinteresado na formación de valores e no desenvolvemento persoal e social da nosa mocidade”.