Páxinas

venres, 19 de outubro de 2012

Alternativa Galega pecha a campaña no Grove co apoio de varios ex-concelleiros


No último acto da campaña electoral antes de que a vila se mergulle na xornada de reflexión, a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE) recibiu ante máis de cen persoas na Casa da Cultura o apoio dun feixe de ex-concelleiros grovenses, nun acto que contou coas intervencións do grovense Xan Lamelas e dos candidatos ao Parlamento Bernarda Rubianes e Juan Fajardo.

mércores, 17 de outubro de 2012

Mitin Alternativa Galega de Esquerda no Grove

ACTO PÚBLICO

O Grove

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Venres 19 ás 20 horas

A visita de Cayo Lara ao Grove na Prensa

A prensa faise eco da visita do Coordinador Federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, a O Grove no Acto Público organizado por Esquerda Unida e ao que tamén asistiron Yolanda Díaz (Coordinadora Nacional de EU e número 2 pola Coruña de AGE) e Juan Fajardo (Cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra).

Resumo do Acto Público do Grove con Cayo Lara

Este domingo, unha ateigada Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove acolleu un Acto Público de Esquerda Unida que contou coa presenza do Coordinador Federal de IU, Cayo Lara; a Coordinadora Nacional de EU e número 2 de Alternativa Galega de Esquerda pola Coruña, Yolanda Díaz; e o concelleiro de Vilagarcía e cabeza de lista ao Parlamento galego de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, Juan M. Fajardo.
Ofrecémosvos un pequeno resumo das súas intervencións publicadas polo twitter de @EsquerdaUnida
Proximamente publicaremos o video das intervencións.

sábado, 6 de outubro de 2012

Acto Público no Grove con Cayo Lara

ACTO PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA

DOMINGO 7 ÁS 18.00 HORAS
CASA DA CULTURA MANUEL LUEIRO REY
(O GROVE)

xoves, 4 de outubro de 2012

Sobre a selección de persoal na Festa do Marisco


Desde Esquerda Unida queremos amosar o noso malestar co sistema de selección de persoal para a Festa do Marisco o cal está a levantar polémica estos días. Foron numerosas as ocasións nas que desde a nosa organización, a través do noso concelleiro José Antonio Taboada, demandamos un cambio no sistema de selección de persoal, así como mudar o sistema de voluntariado por contratación.